Cambados plantexa ampliar a peonalización de Fefiñáns no 2019

CAMBADOS> A praza de Fefiñáns poderá ser peonil en datas sinaladas ou pontes festivas. Así o aseguran dende o concello. Segundo o edil de tráfico, o éxito que tivo esta medida anima ao executivo a realizar peches puntuais en xornadas de afluenza de visitantes, aínda que a peonalización permanente aínda non se ve como algo cercano. Polo de momento, a praza e o seu entorno seguirán pechados ao tráfico durante o mes de setembro.

A Praza de Fefiñáns libre de coches. Esta é a estampa da que os visitantes e veciños de Cambados poderán desfrutar un pouco máis. O concello decidiu prolongar a medida ata finais de setembro.

O goberno local tomou esta decisión por motivos de seguridade. Pero para os turistas, a ausencia de tráfico anima a gozar dun entorno privilexiado.

A visión dos turistas queda clara, pero… que opinan os cambadeses? Coma sempre, posturas para todos os gustos, aínda que moitos xa valoran a comodidade e seguridade que concede esta medida.

Dende o concello non son alleos a este sentir, e a idea é que a praza poida pecharse ao tráfico en datas sinaladas ou pontes festivas. Tamén ampliar o período peonil no 2019.

A pesares deste éxito, coa fin da tempada turística Fefiñáns volverá abrir ao tráfico. E é queo concello aínda non ve a peonalización permanente como algo próximo.