A costa de setembro é a máis dura do ano

Pontevedra>  A costa de setembro é dura para moitos cidadáns. En Pontevedra son moitos os que aseguran que a costa máis real a dia de hoxe é a deste mes e non a de xaneiro. A volta á rutina é algo que custa pero á vez que se agradece, volver aos hábitos e quefaceres diarios é algo que necesita a meirande parte da cidadanía coa que falamos dende o Canal Rías Baixas.

O mes de setembro custa, e custa moito, sobre todo a meirande parte da cidadanía que conta con pequenos en idades escolares, material, roupa deportiva… a volta ao cole é dura… para moitos esta é a custa real do ano, e non a de xaneiro.

Iso sí, a volta á rutina é algo que agradece a maioría da cidadanía, os horarios e a volta a normalidade son necesarios para  afrontar un novo curso. Unha iso, e outra que para moitos o verán cansa…

Dende mañá a volta a rutina será máis evidente, mañá comezan os alumnos de Educación Infantil e Primeiria, o luns 17 será a quenda da ESO e Bacharelato, para todos, pequenos, medianos e maiores feliz volta ao cole!