O concello oferta 44 prazas públicas

Pontevedra> O concello reforza o seu cadro de persoal cubrindo todas as vacantes. Ofertaranse 44 prazas, a maior parte da Brigada de Obras. Esta oferta cubrirase ao longo de dous anos, e suporá o 9 por cento dos postos de traballo do Concello. O concello de Pontevedra acaba de aprobar a vindeira Oferta de Emprego Público na que se convocan 44 novas prazas, o que supón cubrir a maior parte das vacantes da Relación de Postos de Traballo do Concello. Para o Portavoz do Goberno trátase dunha oferta potente, tendo en conta as circunstancias legais actuais xa que a Lei de orzamentos non permite curbir todas as vacantes, pero no caso de Pontevedra dispón dos informes ténicos favorables. O 50 por cento destas prazas son de brigadas municipais. Estas 44 prazas, das que o 50 por cento son libres e o resto de promoción interna, suporán arredod do 9 por cento do persoal municipal e estes postos cubriranse ao longo de dous anos. As prazas que se ofertan son as seguintes: 7 administrativos, 3 auxiliares, 2 subalternos, 2 enxeñeiros informaticos, 1 enxeñeiro de obras públicas, 1 animador sociocultural, 3 oficiais de policía, 5 policías, 1 técnico de sinalización, 1 mestre electricista, 2 oficiais electicistas, 1 sepultureiro, 2 condutores e 11 operarios.