Xa está aberto ao tráfico o novo vial entre Tafisa e Os Campos

PONTEVEDRA> Xa está aberto ao tráfico o novo vial entre os antigos terreos de Tafisa e a zona dos Campos, en Mourente. Esta mañá retiráronse os valos e os coches xa poden empregalo. Un paso máis cara o obxectivo de reducir o tráfico que utiliza a estrada pegada ao paseo do río para chegar ata Monteporreiro.

Nova alternativa para chegar en coche ao barrio de Monteporreiro. Hoxe quedou aberto ao tráfico o vial que une a os antigos terreos de Tafisa coa zona dos Campos, na parroquia de Mourente.

O alcalde confía en que o novo vial permita avanzar na mellora da mobilidade da cidadanía. Apostando, ademais, por proxectos que garantan o calmado do tráfico.

A posta en funcionamento desta estrada é un paso máis cara un obxectivo máis ambicioso do goberno municipal: reducir o volumen de tráfico polo paseo do río cara Monteporreiro. Iso si, Fernández Lores recoñeceu que a peonalización da zona é imposible.

A nova estrada inclúese nun conveino asinado coa Deputación de Pontevedra, e contou cun orzamento de máis de millón e medio de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí