Transición Ecolóxica compromete 25 millóns de euros para os proxectos de ‘Pontevedra Flúe’

PONTEVEDRA> Gran nova para a cidade de Pontevedra. O Goberno de España destinará 25 millóns de euros aos proxectos para renaturalizar a ribeira do Lérez, restaurar a Xunqueira de Alba e recuperar a antiga parcela do campo de fútbol de Ponte Sampaio. No compromiso acadado co Ministerio para a Transición Ecolóxica figuran case o 100% das actuacións que a concellería de Desenvolvemento Sostible recolle na estratexia Pontevedra Flúe.

O Goberno de España comprométese coa renaturalización do río Lérez no seu tramo urbano. O executivo fará un investimento de 25 millóns de euros para levar adiante practicamente o 100% dos proxectos da estratexia Pontevedra Flúe.

Tamén figura neste compromiso a mellora ecolóxica e paisaxística da parcela situada diante do Pavillón dos Deportes

Segundo Puentes, o investimento do Estado destinarase tamén a outras demandas pontevedresas: a rehabilitación da parcela do antigo campo de fútbol de Ponte Sampaio e a recuperación integral da Xunqueira de Alba.

Este acordo acadado co Ministerio para a Transición Ecolóxica, a Secretaría de Estado de Medio Ambiente e a Dirección Xeral de Costas permitirá, segundo Puentes, adiantar en máis dunha década a data prevista de finalización das actuacións.

Iván Puentes fixo este anuncio dende Bruxelas. Aínda que o acordo co Ministerio é o resultado de máis dun ano e medio de conversas, as reunións de traballo mantidas estes días permitiron corroborar que os proxectos presentados son financiables con fondos Next Generation. Un dos requisitos do Goberno do Central para asumir este compromiso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí