Os populares cualifican de “fracaso estrepitoso” a xestión turística da Deputación neste verán

Pontevedra.O grupo provincial do PP de Pontevedra levará unha moción mañá ao pleno da Deputación na que solicitarán o seguinte, que se convoque a todos os concellos da provincia co fin de explicar o fracaso que neste verán tivo esta institución en canto as súas competencias turísticas. Os populares cualificaron de fracaso estrepitoso a planificiación turística dependente da Deputación.

O PP de Pontevedra cualificou nesta xornada de fracaso estrepitoso a planificación turística dependente da Deputación ao longo deste verán.  Moldes considera inconcebible que moitas oficinas turísticas non cubriran as súas necesidades de atención horario e de persoal.

Por esta razón mañá presentarán unha moción no pleno onde instarán a Presidenta da Deputación que convoque con urxencia unha xuntanza do sector e os alcaldes para analizar esta situación.

Os populares consideran unha irresponsabilidade o feito de que concellos como Sanxenxo non recibisen o reforzo de persoal nas oficinas de turismo ata a segunda quincena de agosto, e outros como os de Baiona, que a día de hoxe continúen agardando por ese persoal.