Rafa Domínguez “Pontevedra conta cun alcalde que non quere escoitar os conflictos do seu concello”

Pontevedra.  O voceiro do PP en Pontevedra reuniuse esta mañá cos representantes das cinco forzas sindicais con representación no concello. Unha cita onde Domínguez lamentou a actitude do alcalde fronte a este conflito laboral. O líder dos populares considera que querer é poder pero di que o que lle acontece ao rexedor é que non quere nin escoitar ás demandas dos veciños nin dos traballadores do concello.

O presidente, líder e candidato ás vindeiras eleccións do Partido Popular reuniuse nesta xornada con representantes de todas as forzas sindicais con representación no concello de Pontevedra. Rafa Domínguez dixo que toma esta decisión despois de darse conta de que o alcalde non escoita os problemas os que se ten que afrontar o seu partido.

Rafa Domínguez considera que o problema e o conflicto laboral dos funciarios do concello é moi grave co cal, Lores, di, debería tomar cartas no asunto.

Rafa Domínguez asegurou que se fose alcalde esta situación non chegaría ata este punto, xa que o líder dos populares di que a través do diálogo se pode chegar a un bo entendemento.