PONTEVEDRA> As familias do colexios A Xunqueira 1, en Pontevedra, pídenlle á Xunta que se cumpran as ratios. As familias de cuarto curso de educación infantil concentráronse ás portas do centro demandando a Educación que reforce o profesorado.
Din que en 4º de infantil debera haber como máximo 20 alumnos, pero que na realidade na clase hai unha ratio ponderada de 23, tendo en conta que no caso de rapazada con algunha discapacidade cada alumno pode chegar a contabilizar como dous ou tres. No caso desta aula, hai dous menos con necesidades educativas especiais, un que conta por dous e outro que conta por tres.
Solicitan a incorporación dun segundo docente de apoio para que toda a rapazada poida ser atendida correctamente. Pola súa banda, a Xunta apunta que está revisar os casos nos que se detecta algún erro para subsanalo o ‘antes posible’.