O Banco de Alimentos de Monte Porreiro reprograma a recollida solidaria para o vindeiro sábado

PONTEVEDRA> A Subdelegación do Goberno suspendeu este sábado a recollida solidaria de alimentos impulsada polos hostaleiros de Pontevedra. A subdelegada, Maica Larriba, asegurou que este evento non contaba cos permisos necesarios. Así e todo, os organizadores negaron hoxe esta afirmación e anunciaron que tratarán de celebrar a recollida o vindeiro sábado.

Todo estaba listo para celebrar a recollida solidaria de alimentos impulsada polos hostaleiros de Pontevedra cando unha patrulla da Policía Nacional achegouse ata un dos locais onde se ía a celebrar o evento e advertiu da falta de autorización desta actividade. A Subdelegación do Goberno asegurou que non recibira ningunha solicitude para levar a cabo este evento e, polo tanto, a recollida quedaba suspendida. Un feito que foi valorado así hoxe polo presidente da Asociación de Veciños “O Mirador” de Monte Porreiro.

Os organizadores da recollida non entenden a actitude da subdelegada do Goberno e piden a Maica Larriba que non minta.

Tras manter unha reunión cos servizos sociais do Concello de Pontevedra e co tenente de alcalde, a asociación de veciños “O Mirador” de Monte Porreiro busca xa nova data para celebrar a recollida.

A pesar de perder xa moitos alimentos por non poder celebrar a recollida esta fin de semana, os organizadores esperan poder levala a cabo finalmente o vindeiro sábado. Dende a asociación de veciños “O Mirador” piden a colaboración de todos os hostaleiros e de todos os pontevedreses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí