O proxecto da A-57 foi avaliado hoxe por técnicos do Ministerio e o alcalde de Pontevedra e de Barro

Pontevedra> A subdelegación do Goberno foi o lugar elixido hoxe para manter unha reunión entre técnicos do Ministerio de Fomento e os alcalde de Barro e Pontevedra. O obxectivo, analizar a situación da A-57. O problema desta infraestrutura atópase no seu último tramo no concello de Barro. Dende o Ministerio dixeron esta mañá que traballaría no proxecto para realizar o mínimo impacto ambiental posible e necesario á hora de executar estes traballos.

A A-57 estivo hoxe sobre a mesa da Subdelegación do Goberno en Pontevedra. Maica Larriba organizou unha reunión técnica con técnicos do Ministerio de Fomento, entre as que se atopaba a subdirectora xeral de proxectos. O fin dar a coñecer e poñer sobre a mesa todas as dúbidas en relación a esta importante infraestrutura.

Dende o concello de Barro amosaron unha vez máis o seu posicionamento en contra do último quilómetro desta autovía ao seu paso por este concello.

E dende o concello de Pontevedra agradeceron esta reunión e tamén a tramitación desta infraestrutura da que se leva falando dende o ano 1999.

A Subdelegada quixo facer fincapé en que non está pechado o proxecto de xeito definitivo co cal, Maica Larriba, insistiu en que o diálogo vai a estar sempre presente, nesta e noutras infraestruturas.

Dende o Goberno Central dixeron que farán todo o posible para que o impacto no territorio desta autovía sexa o mínimo necesario.