PONTEVEDRA> A partires do 30 de xaneiro, as Galerías Oliva, en Pontevedra, perderán a súa saída cara a rúa Gutiérrez Mellado. Está previsto que este treito desapareza coas obras de demolición do edificio número 3 desta rúa. Todos os negocios da zona foron pechando nos últimos meses. Os dous últimos despedíronse da súa clientela o pasado 31 de decembro. Só mantén a persiana aberta a tenda da ONG Solidaridad Internacional, que se mudará o vindeiro 12 de xaneiro.
Coa fin do 2022, o treito das Galerías Oliva que desemboca na rúa Gutiérrez Mellado pechou un capítulo da súa historia. Os negocios foron pechando nos últimos meses do ano antes de dar comezo á demolición do edificio número 3 desta rúa.
Unha tenda de roupa de adultos, outra de nenos, ou unha froitería, son negocios que quedan no recordo. A ortopedia Pedrosa e a Cafetería Galerías foron os últimos en pechar, apurando os prazos ata o 31 de decembro. Agora mesmo só queda a tenda da ONG Solidaridad Internacional.
A seguinte complicación que afrontou a ONG foi atopar un local dun prezo axeitado ao seu orzamento. Finalmente quedarán nas mesmas Galerías Oliva, fronte á cafetería Delicious Bakery.
Abrirán as súas portas na nova localización o vindeiro 12 de xaneiro. Agora xa comezaron os traballos de mudanza, aínda que xa sofren as primeiras molestias derivadas do inicio das obras de demolición.
De cumprirse os plans iniciais, a saída das Galerías Oliva cara a rúa Gutiérrez Mellado quedará pechada a partires do 30 de xaneiro.