Pontevedra> Concelleiros de Ganemos Salamanca visitaron esta mañá o concello de Pontevedra co fin de coñecer o seu modelo de cidade. Este partido político quedou encantado modelo urbano que posúe Pontevedra, e dixeron, que farán o posible por exportar este modelo a súa cidade. Nova visita política para coñecer o modelo urbano de Pontevedra, nesta ocasión chegaron dende Ganemos Salamanca, un partido que ten unha representación de 4 concelleiros dos 27 que conforman o pleno. Levan dende o sábado en Pontevedra e están encantados co modelo que se defende dende a cidade do Lérez. O secretario xeral de Podemos dixo que é un logro poñer en marcha todo este sistema e cren que, pese a que Salamanca é unha cidade de máis habitantes, si que poden exportar os principios fundamentais. Para o alcalde estas visitas son moi positivas porque contribúen á promoción da cidade. Nesta xornada puideron coñecer a cidade da man do mellor guía, foi o propio alcalde o que lles fixo unha visita guiada polos puntos e lugares máis destacados desta Boa Vila.
Inicio PONTEVEDRA