O PSOE de Pontevedra considera que a cidade está “adomercida”

Pontevedra> O PSOE de Pontevedra fai un balance negativo desta lexistlatura na cidade. Unha capital de provincia, que segundo Agustín Fernández, quedou adormecida. Os socialistas consideran urxente o planeamento dun novo PXOM e senten preocupación pola situación na que se atopan algúns barrios e parroquias da cidade.

O líder do PSOE en Pontevedra fai un balance negativo desta lexislatura, onde considera que debido a mala xestión do Goberno Local a cidade de Pontevedra quedou adormecida.

Agustín Fernández cree que unha actualización do PXOM é máis que necesaria para Pontevedra, pero preguntado polo tema que máis lle preocupa, Fernández dixo que sen dúbida a situación dos barrios e parroquias na Boa Vila.

Un PSOE que di terá moito traballo que facer de cara aos vindeiros comicios e que nos vindeiros meses celebrará o seu proceso de primarias de onde sairá o candidato da cidade de Pontevedra.