PONTEVEDRA> O epicentro do Nadal pontevedrés está na carpa de Pontexogos. Este ano estrea ubicación na avenida Raíña Vitoria, pero repite a fórmula de edicións anteriores: xogos, obradoiros e actividades de todo tipo e para diferentes idades. Todo a cambio dun ticket de compra no comercio local. Estes días ademais, está a recibir a un visitante de excepción: Papá Noel tamén fai parada na carpa para escoitar as peticións dos máis cativos.
Pontevedra recupera unha das propostas estrela do seu programa do Nadal. Tras un ano de ausencia Pontexogos volve coa súa carpa e con máis actividades ca nunca.
O que mudou foi a súa ubicación. Da Praza do Concello pasou á avenida Raíña Vitoria. Un cambio que non foi un problema para o convidado de excepción que estes días escoita as peticións dos cativos: Papá Noel.
Pero poder falar con Papá Noel é só unha das cousas que os cativos teñen que facer no Pontexogos. Skate, ioga, manualidades, inchables, karting… propostas para todos os gustos e idades.
Unha iniciativa que gozan nenos e maiores. E todo a cambio dun ticket de compra no comercio ou na hostalería pontevedresa.
Se aínda non pasaron pola carpa, están a tempo. Seguirá instalada na avenida Raíña Vitoria ata o 9 de xaneiro.