Todo listo para a sinatura con Serviocio para a rehabilitación das Piscinas de Campolongo

Pontevedra> O contrato das Piscinas en Campolongo será asinado de inmediato con Serviocio, así o anunciou nesta xornada o voceiro do Goberno Local en Pontevedra. Un acordo que se asinará, previsiblemente, esta mesma semana. Trátase dunhas obras de remodelación que contarán cun investimento de 4,6 millóns de euros. Raimundo González dixo que as instalacións deberán pecharse, e que o farán, o menor tempo posible.

Todo listo para a rúbrica entre o concello e Servicio para a posta en marcha das obras de remodelación das Piscinas de Campolongo. Uns traballos que executará e levará a cabo a empresa Serviocio por un importe de 4,6 millóns de euros. Trátase duns traballos moi importantes onde se realizará unha reforma integral destas pisincas.

Unhas instalacións que terán que estar pechadas, dende o concello din e deixan claro que será a empresa a que decida cando tomar esta decisión, peor que por seguridade si que terán que pechar as portas para executar un tramo desas obras.

O que sí que entrará en vigor de maneira automática será a redución das tarifas fixadas nun 2,5 por cento e que serán gratuítas para os usuarios dos servizos sociais municipais.