Esperanza Salnés garante a súa continuidade ata xaneiro grazas a Cambados

CAMBADOS> O concello de Cambados asinou un convenio de colaboración con Esperanza Salnés, polo que doará a entidade uns 16.000 euros. O director da entidade, Augusto Chaves, agradeceu esta axuda e fixo un chamamento ao resto de administracións, para recordarlles que sen a súa colaboración as instalacións deberían pechar deixando sen servizo a uns 20 usuarios.
Esperanza Salnés garante a súa continuidade ata o mes de xaneiro grazas a axuda de 16.000 euros que este mesmo xoves recibiron por parte do concello de Cambados, que se materializou na sinatura dun convenio entre a entidade e o consistorio, tal e como afirmou esta mañá o director de Esperanza Salnés, Augusto Chaves.
A pesar de esta axuda, Chaves sinala que precisan de un maior compromiso por parte do resto e administracións para conseguir sufragar os gastos que ten financiar os programas e actividades de atención que na entidade se realizan cos 20 rapaces que asisten.
Nos vindeiros meses, administracións como a Xunta de Galicia ou a Deputación de Pontevedra farán efectivas tamén as súas achegas, que cabe destacar son inferiores a aportada polo consistorio cambadés. Tino Cordal, edil de Servizos Sociais sinalou no transcurso de esta sinatura o importante compromiso existente con esta entidade.