A andaina ‘Un Mar de Sorrisos’ reunirá a un cento de persoas en Boiro

BOIRO> Máis dun cento de persoas participarán na Andaina de Convivencia ‘Un mar de sorrisos’ que se desenvolverá en Boiro o domingo día trinta. A iniciativa parte da clínica dental Rebeca Ozores en colaboración co concello. A andaina ‘Un mar de Sorrisos’ reunirá en Boiro a un cento de persoas o próximo domingo. O obxectivo deste encontro de convivencia é simbolizar o inicio dunha nova andadura profesional para a clínica dental Rebeca Ozores que estrea local. O percorrido consta de quince quilómetros polas praias do municipio. A saída terá lugar ás dez dende Praia Xardín. O concello colabora con esta inciiativa que ademais de promocionar a actividade física e dar a coñecer o patrimonio natural do municipio contribúe e educar nos valores da convivencia e respecto ós espazos públicos. A inscrición é gratuíta. Os interesados en anotarse aínda están a tempo de facelo na webclinicadentalrebecaozores.es.