Jorge Ordóñez presenta a súa cadidatura a patrón maior de Rianxo

RIANXO> As razóns que o levaron a presentarse foi a necesidade de darlle un cambio de rumbo ó pósito. Entre outros aspectos promete diálogo e transparencia na xestión, algo do que, para el, se carece actualmente na confraría rianxeira. Varias son as razóns que levaron a Jorge Ordoñez a presentar a súa candidatura a patrón maior de Rianxo. Segundo el nestes catro anos non se veu avance algún. Pon o acento na pouca atención que dende o pósito se fixo das zonas produtivas, así como o desinterese mostrado cara o xeito ou o bou de vara. O aspirante á dirección da confraría rianxeira alude tamén a merma no número de socios vivida durante estes últimos catro anos. promete diálogo, xestión e transparencia, algo que bota en falla actualmente. Varios son os proxectos que ten en mente se chega á dirección do pósito. Un dos máis ambiciosos pasa por levar a cabo a rexeneración da zona do Cuncheiro. A decisión está agora nas mans dos socios. Coma no resto de confrarías galegas este próximo sábado, Rianxo votará a renovación dos órganos rectores, coa elección de Jorge Ordoñez e a de Miguel Ángel Iglesias, o actual patrón maior, que aspira a reelección.