O gourmet galego darase cita na III edición de Etiqueta Negra

Pontevedra> Pontevedra acollerá un ano máis, e xa van tres, a Feira Etiqueta Negra, que terá lugar os días 10,11 e 12 de novembro no Recinto Feiral de Pontevedra. Unha cita que xa conta con máis de 70 expositores confirmados e que ten como fin poñer en valor o produto gourmet galego.

Os días 10,11 e 12 o Recinto Feiral de Pontevedra acollerá a terceira edición da Feira Etiqueta Negra, unha cita onde xa hai máis de 70 expositores confirmados,  o que significa que o número de participantes xa supera o da anterior edición.

Profesinais, produtores e consumidores volverán a darse cita en Etiequeta Negra co obxectivo de dar a coñecer as tendencias do sector, establecer novos contactos comerciais e difundir a excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos.

O programa de actividades, a piques de ser pechado, contará coa colaboración de novas promesas da cociña e de destacatos chefs galegos como Pepe Solla, Lucía Freitas e Iñaki Bretal. Unha cita que contará cun orzamento de 50 mil euros e para a cal as entradas terá un custe de 2 euros por persoa ao día ou de 5 euros por persoa os tres días.