Portos de Galicia reúnese con operadores marroquís en La Rochelle

GALICIA> Segunda e intensa xornada de Portos de Galicia no salón náutico de La Rochelle. Esta mañá, o stand da Xunta recibiu a visita do rexedor da vila francesa. Un acto que se combinou con máis presentacións da oferta náutica galega e reunións con diferentes operadores.

Segunda xornada de Portos de Galicia no salón náutico de La Rochelle marcado ademais por unha intensa axenda de contactos. Xa esta mañá o stand de TourGalicia recibía a visita do alcalde da vila francesa, empresario tamén do mundo náutico. Alí destacou o traballo da Xunta na promoción da náutica galega.

Ademais da visita do rexedor francés, o presidente de Portos de Galicia mantivo un encontro con representantes do sector náutico marroquí. Un mercado emerxente no que tamén hai presenza galega.

Neste contacto, José Juan Durán advertiu importantes e interesantes diferenzas entre as apostas náuticas galega e a marroquí.

Mañá continuará a axenda de Portos de Galicia en La Rochelle, con novas visitas a stands de diferentes partes do mundo e encontros con operadores para seguir coñecendo os diferentes camiños que está a tomar a náutica.