A primeira fase da rehabilitación do edificio do Casino podería estar rematada este Nadal

NOIA> O alcalde de Noia, Santiago Freire, informou da boa marcha das obras de rehabilitación que se están a levar a cabo no antigo edificio do Casino. Segundo o rexedor esta primeira parte dos traballos podería estar rematada xa no mes de Nadal. O executivo pretende desenvolver tamén nos próximos meses diversas actuacións nas inmediacións do edificio. Unhas obras que  mellorarán tamén o aspecto do casco histórico da vila nesa zona. O investimento total que se pretende investir no edificio ascende a preto do millón de euros, na súa maioría a través das axudas tramitadas polo GALP, cen mil euros da consellería de Cultura e o resto con cargo ás propias arcas municipais.