Unha trintena de socorristas para coidar as praias e piscinas de Arousa neste verán

A ILLA> As comarcas do Salnés e Caldas contarán este verán cunha trintena de socorristas nas súas praias e piscinas. Varios concellos da zona vanse beneficiar das axudas do goberno galego para contar con este servizo, por un período de dous meses. Na Illa de Arousa, onde se anunciou esta mañá estas achegas, contratarán este ano a seis persoas vixilando os seus dous areais de bandeira azul.

O Bao e Area da Secada son as dúas praias da Illa de Arousa con bandeira azul que contarán este ano con servizo de socorrismo. O Concello vai contratar seis persoas, grazas á liña de axudas que pon en marcha cada ano a Xunta, para este este servizo. No caso do municipio insular, os socorristas protexerán estas praias entre o 1 de xullo e o 15 de setembro.

No conxunto das comarcas do Salnés e Caldas, a través deste paquete de achegas do goberno galego vanse contratar case unha trintena de socorristas.

En total, a Xunta vai aportar para estas 29 contratacións 90.000 euros, a través da Consellería de Emprego e Igualdade. O delegado explica que neste caso o papel do goberno galego é fundamental para que os concellos poidan destina-los seus recursos a outras cuestións.

Ademais do municipio insular, benefícianse destas achegas concellos como Vilagarcía, Sanxenxo, Catoira, Ribadumia ou Meaño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí