O Octoberfest chega a Poio con novidades e con moita actividade dende o 11 ao 13 deste mes

Pontevedra.  Os días 11,12 e 13 de outubro Poio celebrará o seu particular Octoberfest. Unha cita que neste 2018 cumpre 6 anos, que se celebra en Campelo e que nesta ocasión chegará con autobuses gratuitos, dende Pontevedra ata o o lugar da celebración, e que tamén contará con Oktoberkids, con servizo de gardería para os que vaian con pequenos a esta festa do outono.

A Asociación Deportiva Cultural de Campelo organiza un ano máis o Octoberfest de Poio, unha cita que neste 2018 cumpre a súa sexta edición e que contará con moitas novidades.  A celebración será os días 11,12 e 13 deste mes. Un evento que contará con servizo gratuíto de autobús.

E tamén co Outoberkids, que inclúe un servizo de ludoteca durante as tres xornadas de celebración.

En relación dos concertos o prato forte chegará o xoves coa actuacón de Dakidarría tralo concerto de Monoulius DOP, o venres será a quenda de Pablo Balseriro e Los cascarillas e o sábado será o turno de Gin Toni´s e Terapia de Grupo, nas tres xornadas un DJ será o encargado de pechar musicalmente á festa que durará ata as tres da mañá. Unha cita que chegará co novidades en canto á bebida.

Teñen unha previsión de despachar 1700 litros de rubia, 800 de tostada e 300 de trigo. No tocante á comida prepararanse 1500 unidades de salchichas, tamos XL e normales e uns 300 codillos.