O concello de Rianxo organiza unha ruta pola ribeira do Ulla

RIANXO> O concello de Rianxo organiza unha ruta de sendeirismo no marco do programa Goza do Ulla. A andaina, cun percorrido de once quilómetros, percorrerá a ribeira do río ó seu paso polo municipio. Terá lugar este sábado. Cada ano, os concellos que conforman as ribeiras do Ulla, organizan unha serie de rutas para percorrer o río de principio a fin. Rianxo desenvolverá este sábdo unha andaina dende Isorna ata a desembocadura do Ulla. A duración aproximada para percorrer esta ruta, de once quilómetros, é de catro horas. Trátase dunha andaina de dificultade media. Os interesados poden inscribirse xa no departamento de turismo do concello. A organización agarda reunir a preto de centro cincuenta participantes.