O concello da Pobra conta cun servizo de atención psicolóxica á muller

O concello da Pobra conta cunha unidade de asistencia psicolóxica a mulleres. Este servizo, que leva en funcionamento dous meses, vai dirixido a vítimas de violencia de xénero ou mulleres envoltas en procesos de separación ou relativos á garda e custodia dos fillos.

 

Off

A posta en marcha desta unidade de atención psicolóxica supón un novo chanzo na forte aposta do concello pobrense pola atención á muller que xa tiña incrementado ata vinte horas semanais estes servizos. Ata o momento, viñan contando cun servizo de asesoramento psicolóxico dependente do Colexio oficial de psicólogos que se destinaba unicamente a vítimas de violencia de xénero. Coa creación dunha unidade propia esténdese o servizo a outras mulleres en situación de vulnerabilidade, sen necesidade de ter denuncia presentada.

Inserto

Durante os dous meses en que leva en marcha o servizo xa se prestou asistencia a unha decena de usuarias.

Inserto

Por outra banda, o concello vén tamén de incrementar o servizo de madrugadores que este curso prestarase tamén no colexio Pilar Maestú Sierra.