O furtivismo pronto será un delicto

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/11/quintana.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/11/quintana_sobre_pesca.mp4{/flowplayer} PONTEVEDRA> O último acordo con Marrocos para que os barcos galegos poidan pescar pescada nas súas augas, a remisión da marea vermella nas Rías Galegas e a solución ó problema das agresións dos furtivos na Arousa Norte son os tres temas máis salientables sobre os que se pronunciou hoxe a Conselleira do Mar. Estas foron as súas respostas a estas cuestións fundamentais para a xente do mar das Rías Baixas. A toxina que ven azoutando nas últimas semanas está a remitir case por completo. A día de hoxe tódolos bancos marisqueiros están abertos e os polígonos bateeiros faltan poucos por volver á actividade. Outro dos temas candentes nesta semana é o do furtivismo na Arousa. Xusto nesta xornada na que pasaron a disposición xudicial varios agresores a vixilantes da Confraría da Pobra a Conselleira asegura que pronto o furtivismo será considerado un delicto grazas a unha anunciada reforma do Código Penal que está arestora superando a súa tramitación parlamentaria. E onde si amosou unha actitude trunfalista a Conselleira foi na súa valoración do acordo de pesca con Marrocos.A súa valoración é altamente positiva malia que no mesmo non se recolle a posibilidade de pescar máis que pescada. Nesta última cuestión a oposición xa prepara a súa réplica: aseguran que a xestión non foi boa cando non se conseguiu dar entrada á pesca de polbo e outras especies marisqueiras, cando arestora son os productos marroquís os que están a invadir o mercado galego.