Pilar Cernuda despediu os ‘afterworks’ de AEMPE

PONTEVEDRA> Aempe despediu os seus afterworks o pasado venres en Pontevedra. A xornalista e escritora Pilar Cernuda foi a protagonista desta última cita do círculo de empresarios pontevedreses. Con este encontro, despiden este ciclo que levou por lema “o que dure un xamón”.

Aempe rematou en Pontevedra o seu periplo de afteworks. Fíxoo nas instalacións do Liceo Casino, coa xornalista Pilar Cernuda como invitada. Na súa intervención, a tamén escritora fixo fincapé na inestabilidade e incertidume económica e política do tempo actual.

Esta sensación compártea o presidente de Aempe. Preocúpanlle especialmente os últimos movementos lexislativos que se están a producir, que afectan principalmente a empresarios e autónomos.

Con esta iniciativa, Aempe buscou favorecer a interrelación entre os seus socios, a través de actividades que buscan crear un momento produtivo tralas xornadas de traballo. Finalizado este ciclo de Afterwoks, a asociación continúa a súa programación con diferentes xornadas e talleres formativos que se desenvolverán ata o 1 de decembro.