PONTEVEDRA> Teresa Casal será a número dous da lista de Marea para as municipais de 2019. A ex-tenente de alcalde explicou esta mañá, acompañada do candidato Luís Rei, por qué volve á política activa e por qué o fai con Marea.
O segundo posto da candidatura de Marea para as eleccións de maio xa no está baleiro. Tras as dúas fases do proceso de primarias nos que se elixiu, primeiro ó candidato e logo os postos do 3 ó 10, quedaba un oco a carón de Luís Rei. Tíñase decidido en asemblea que esta posición podería ser ocupada por unha persoa de relevancia política e social a proposta do candidato, e así se fixo. Teresa Casal foi a elixida.
Teresa Casal permanecía afastada da vida política dende hai case 8 anos, e no pasado mes de setembro dérase de baixa da militancia no PSOE, partido co que foi membro da corporación municipal durante 3 mandatos, en dous deles ocupando a tenencia de alcaldía ó lado de Lores. Nun almorzo informativo celebrado esta mañá explicaba por qué volve á política activa.
Tamén aclarou por qué o fai con Marea.
Insiste en que mantén as mesmas conviccións coas que traballou no pasado: o socialismo, o galeguismo e o feminismo.
Luís Rei gabou a súa labor pasada e lembrou a súa contribución á Pontevedra de hoxe.
Coa incorporación de Teresa Casal, Marea confía en ser a alternativa a un goberno que non se renova dende hai tempo.
A elección de Teresa Casal como número 2 será ratificada mediante consulta ós inscritos.