María Ramallo acusa ao PSOE de facer unha “política adolescente”

PONTEVEDRA> A cabeza de lista do PP ao Congreso pola provincia de Pontevedra compareceu esta mañá en rolda de prensa para denunciar a paralización de proxectos, por parte do PSOE, en Pontevedra. En concreto, María Ramallo, que estaba acompañada da candidata ao Senado Pilar Rojo e do portavoz local do partido Rafa Domínguez, centrouse en tres obras da cidade. O nó de bombeiros, a circunvalación e o paseo de Marín.

A cabeza de lista do PP ao Congreso pola provincia de Pontevedra, xunto coa candidata ao Senado e co portavoz municipal do partido, compareceron esta mañá en rolda de prensa para denunciar a paralización de proxectos do PSOE na cidade de Pontevedra. María Ramallo centrouse especialmente no nó de bombeiros. Unhas obras que estaba previsto que comezasen o ano pasado.

Os populares falaron tamén do proxecto da circunvalación da cidade. A candidata ao Senado recordou a resposta que deu o Goberno Central cando se lle preguntou polo estado de execución desta obra.

Coa parálise destes dous proxectos, así como o do paseo de Marín, os populares quixeron demostrar o pouco interese que ten o PSOE na provincia de Pontevedra.

Con esta denuncia pública, os populares pretenden demostrar o seu compromiso con todos os pontevedreses e pontevedresas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí