O Banco de Alimentos consigue repartir 27 toneladas de comida para facer fronte aos meses de verán

PONTEVEDRA> O Banco de Alimentos repartiu, no último mes, 27 toneladas de comida. Unha cantidade récord para axudar a centos de familias  pontevedresas. Ademais, esta recadación compensa o peche que a entidade realizará, como cada ano, durante o mes de agosto.

Os meses de verán sempre son os máis duros para as familias sen recursos. Por iso, as entidades benéficas intentaron reunir nestes últimos meses unha gran cantidade de produtos non perecedoiros. E con todos estes esforzos, o Banco de Alimentos superou todas as expectativas.

Cacao, galletas ou aceite. Eses foron algúns dos produtos que o Banco de Alimentos conseguiu repartir a outras entidades benéficas.

Como cada ano, o Banco de Alimentos pechará as súas portas durante o mes de agosto pero a directiva non descansa e comeza xa a planificar novos eventos benéficos.

Pero antes de celebrar a gran recollida, agora toca desfrutar das vacacións que, este ano, con todo o traballo e esforzo realizado, son máis merecidas ca nunca.