Éxito no Barbanza da innovadora campaña sobre a importancia do comercio local

75

BARBANZA> Boa parte dos comercios de Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo e Noia espertaban con este aspecto. Había que fixarse ben para decatarse de que estaban abertos polo que moitos clientes optaron por entrar para preguntar e asegurarse de que  non se producira un peche masivo no comercio local.

Precisamente este era o obxectivo da campaña promovida por numerosas asociacións de empresarios da comarca que vén como o comercio tradicional non deixa de acumular perdas.

Ademais de chamar a atención dos clientes, a campaña pretende fomentar o comercio de proximidade como factor de dinamización das propias vilas. Porque como di o seu lema, deixar morrer o comercio e deixar de morrer ó pobo.

Ademais do aspecto decadente dos escaparates, a campaña inclúe o peche de tódolos establecementos a partir das sete da tarde.