A corporación municipal aproba os orzamentos de 2020

PONTEVEDRA> Aprobados os orzamentos de 2020. A corporación municipal debateu hoxe no pleno extraordinario os presupostos presentados polo goberno local. Unhas contas que ascenden ata os 79 millóns de euros e que contaron cos votos a favor do BNG, o PSOE e Cidadáns.

Os orzamentos municipais de 2020 contan xa co beneplácito da corporación. Uns presupostos definidos polo goberno local como “os mellores da historia de Pontevedra” e nos que destaca a forte aposta social e medio ambiental.

Os presupostos foron aprobados esta mañá cos votos a favor do BNG, o PSOE e Cidadáns. Xustamente esta foi a gran sorpresa. O portavoz da agrupación laranxa xustificou o seu apoio aos orzamentos municipais tras conseguir a aprobación a catro das súas emendas.

Pola súa banda, o PP mostrou o seu rexeitamento a uns presupostos que, na súa opinión, supoñen un atraco para os pontevedreses.

A pesares da oposición dos populares, Pontevedra contará cuns presupostos de 79,3 millóns de euros para este 2020.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí