A radio será a principal protagonista dunha nova edición de Ponte Coqueta

Pontevedra> A radio será a protagonista da terceira edición de Ponte Coqueta. Pontevedra acollerá deste xeito unha exposición de vellos aparatos, obradoiros de danza, actividades infantís e música grazas a esta cita que arranca hoxe e que se celebrará ata este sábado 25 de agosto.

A radio, e dun xeito especial as mulleres que nela traballaron, será a protagonista da terceira edición de Ponte Coqueta, unha cita que arranca hoxe coa inauguración dunhaexposición de vellos aparatos na Casa da Luz e que se estenderá até o sábado 25 deagosto. A cita inclúe, ademais da mostra, coloquios, obradoiros de danza, unha pequena feira e música…  e un sinfin de actividades infantís…

O prato forte será o sábado 25 con música en directo e baile para os máis atrevidos…

E todo co pano de fondo dos “coquetos” anos 20-30 do pasado século. A concelleira de Festas, Carme da Silva, acompañada de Marcelo Dobode, alma mater da cita, presentou hoxe Ponte Coqueta facendo un convite á participación nunha cita que xa é parte das festas da verán da cidade