RIANXO> Dúas semanas despois de remitir a proposta do Plan de Libre Marisqueo, a asociación de Rañeir@s da Ría segue á espera dunha reposta por parte do Mar. A Consellería do Mar dispón ata finais de ano para estudar e decidir sobre a viabilidade deste plan de xestión.
As seis confrarías que integran Rañeir@s da ría teñen grandes expectativas na xestión propia para recuperar a produción.
A principal novidade reside na duración da campaña posto que Rañeiros aposta por prolongala ata abril coa posibilidade dun peche temporal tralo Nadal.
A Consellería dispón ata finais de ano para determinar a viabilidade deste plan de xestión e valorar tamén outras propostas presentadas como os plans específicos de Carril e Vilaxoán para Os Lombos do Ulla.