Os pobrenses poderán valorar os servizos da praza de abastos a través dunha enquisa

A POBRA> O concello da Pobra vén de poñer en marcha unha enquisa participativa para mellorar o funcionamento do mercado municipal. Trátase dun cuestionario de 11 preguntas sobre os servizos da praza no que os veciños poden tamén facer suxestións sobre outras cuestións que boten en falta.

Os veciños da Pobra terán a oportunidade de valorar os servizos da praza de abastos a través dunha enquisa que vén de poñer en marcha a concellería de Promoción Económica.  A través deste cuestionario, que se pode realizar de xeito físico no propio mercado e diversos establecementos comerciais, ou en liña escaneando un código QR, os usuarios poderán facer as súas achegas.

Unha vez concluído o prazo de presentación de enquisas analizaranse os resultados para adoptar as medidas oportunas que permitan dinamizar a actividade da praza e ofrecer un mellor servizo ós compradores. Os interesados en participar poden cubrir a enquisa ata o vindeiro mércores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí