Vilagarcía acollerá a IX edición da marcha ciclista unificada na que ‘todos son favoritos’

VILAGARCIA> Vilagarcía volverá acoller a marcha ciclista unificada na súa novena edición. Nela participarán máis de 50 deportistas con e sen discapacidade intelectual. A carreira busca concienciar sobre a integración e a igualdade de todas as persoas.

Vilagarcía volverá ser a sede da marcha ciclista unificada por terceira vez en catro anos. Despois do seu paso por Monforte de Lema, a carreira regresa a capital do Salnés na súa novena edición. O evento celebrarase o 3 de outubro e nela participarán máis de 50 corredores. A vila xa ten preparado un circuíto adaptándose a todos os protocolos.

A marcha está organizada por Special Olympics e conta coa colaboración da administración autonómica e provincial. Unha carreira para concienciar a todas as persoas en que todos somos iguais.

De feito, é unha competición na que todos son favoritos.

O evento durará dende as 10 da mañá ata as dúas da tarde. As administracións poñen en valor a importancia destas actividades para favorecer a igualdade e a integración, e resaltaron a necesidade de realizar máis eventos con estes obxectivos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí