Nova vaga de roubos en Cambados

CAMBADOS> Esta fin de semana, Cambados foi vítima dunha nova vaga de roubos. Os ladróns actuaron durante a fin de semana, asaltando vehículos, vivendas e  causando importantes estragos no centro de A Merced. Aínda que na maioría dos casos os roubos quedaron en intentos, si levaron obxectos de valor en dous coches e dunha casa de A Modia.

A fin de semana en Cambados estivo marcada pola vaga de roubos e intentos que salpicaron o concello. Arrincou na noite do venres, cando os ladróns causaron danos e robaron en dous vehículos aparcados na avenida de Vilagarcía. Despois, entraron no centro de A Merced.

A Garda Civil xa traballou nas instalacións para intentar localizar pistas que sinalen os responsables.

Segundo a alcaldesa, as forzas e corpos de seguridade traballan coa hipótese de que esta vaga de roubos foi cometida polo grupo responsable dos asaltos que se produciron na Rúa Real cambadesa a principios do mes de outubro.

O percorrido dos ladróns continuou o sábado. Pola tarde, rexistrouse un roubo nunha vivenda de A Modia. Neste caso, estragaron a caixa forte e levaron unha importante cantidade de cartos e xoias. Finalmente, na madrugada intentaron acceder a un establecemento do centro cambadés.