VILAGARCÍA> A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública no Salnés convoca para este xoves ás 20:00 horas unha concentración na praza de Galicia de Vilagarcía para denunciar o que consideran o desmantelamento da atención primaria. Denuncian que no centro de saúde de San Roque faltan tres médicos e que o Sergas non ten en previsión cubrir esas vacantes. Queren que a protesta deste xoves sirva tamén de antesala da gran mobilización en defensa da sanidade que se vai celebrar o 6 de abril en Santiago.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública no Salnés retoma as súas mobilizacións. Convocan unha concentración para este xoves ás 20:00 horas na praza de Galicia de Vilagarcía.
Esta mañá representantes da plataforma xa se concentraron ás portas do centro de saúde de San Roque. Exemplo, din, da grave situación da situación primara. Aquí, segundo denuncian, siguen faltando tres médicos.
Ademais, denuncian as listas de agarda ‘preocupantes’ para probas diagnósticas.
E ao mesmo tempo, aproveitan para amosar a súa preocupación polo previsible traslado neste vindeiro verán da ambulancia medicalizada do Salnés ao concello de Sanxenxo. Lamentan que en vez de reforzar o sistema, o que a Xunta vai facer é, como sempre, desvestir un santo para vestir outro.