“Os Palleiros” celebra a súa Cea Benéfica Anual

Pontevedra> Para afondar na concienciación sobre a responsabilidade que supón ter un animal así como para recadar fondos que axuden ó mantemento do refuxio de cans, Os Palleiros celebrará o vindeiro 28 de xullo a súa cea benéfica anual. Será un momento para agradecer as acollidas e animar a novas adopcións.

A cea benéfica que celebra anualmente a protectora Os Palleiros reunirá no restaurante “La Brisa” en Lourido ós amantes dos cans que queiran contribuír co mantemento do refuxio.

Será unha velada para concienciar sobre a responsabilidade de ter un animal, pero tamén para compartir e agradecer.

As entradas pódense adquirir en Perolas Menaje, en Marín; e en Pequeñitos y Adorables e no Centro Veterinario Dogos, en Pontevedra, ata o vindeiro 23 de xullo.