Un descanso hortícola para desconectar da urbe

PONTEVEDRA> Os novos usuarios destas hortas urbanas terán dous anos para desfrutar dos beneficios dunha actividade allea ás costumes da cidade. Estar en contacto co espazo natural, coñecer xente e, por suposto, engadir produto ás despensas son algunhas das razóns polas que os pontevedreses se animan a solicitar a cesión destes espazos.

O Miradoiro de Monte Porreiro é un lugar ideal para desconectar das présas da cidade e das rutinas diarias. Daniel, que se estrea coma usuario nas hortas urbanas municipais, non dubidou en presentar a súa solicitude.

Pasar o rato entre hortalizas é unha estupenda opción para o tempo de lecer.

O traballo na horta engade ademais un extra de realización persoal, sobre todo para aquelas persoas que coma Marta non tiveron no entorno familiar contacto coas actividades agrícolas.

Marta repite como usuaria, despois da experiencia positiva anterior.

Vén ben ter algo de experiencia, pero senón sempre hai quen achegue os seus saberes. E se se saca algo para completar a despensa, tamén se agradece.

Os novos usuarios xa están a planificar a quen van dedicar os seus bancais. Quedan por diante xornadas de traballo e a satisfacción final da colleita.