PONTEVEDRA> Estreitar os lazos e impulsar as relacións comerciais entre Galicia e México. É un dos obxectivos da misión comercial que estes días visita Pontevedra e a súa contorna. Un vínculo que naceu no 2017, grazas á visita comercial que organizou o concello pontevedrés ao país mexicano e que hoxe trae ata aquí unha delegación que inclúe empresariado con servizos de internacionalización, inversores mobiliarios e unha variada mostra de produtos gastronómicos.
‘Galicia 2025’ é o nome da misión comercial que trouxo ata Pontevedra un grupo de importantes empresarios mexicanos. O obxectivo: estreitar lazos e impulsar as relacións comerciais entre o territorio galego e México.
A orixe desta colaboración remóntase ao ano 2017. Os seus impulsores, Seth Pérez e Edelmiro Justo coñecéronse na misión comercial que o concello de Pontevedra organizou ao país mexicano ese ano. Creando un vínculo que dende entón non parou de medrar.
Agora devolven a visita cunha delegación que inclúe empresariado con servizos de internacionalización, inversores inmobiliarios e unha variada mostra de produtos gastronómicos.
Na súa parada en Pontevedra, a delegación participou nun encontro con representantes do tecido empresarial do territorio. No seu marco, deron a coñecer marcas, produtos e servizos latinoamericanos que buscan abrir mercado en Europa, exploraron a opción de exportar produtos galegos e ampliaron a súa rede de contactos.
Esta misión inversa prolongarase ata o vindeiro 8 de xuño. Estes días visitarán diferentes puntos de Galicia. Tamén a participar na Semana Verde, cun espazo propio.











