Ravella afirma que non participará nunha “poxa” pola permanencia do AF7 na vila

VILAGARCÍA> Ravella asegura que o cambio de emprazamento do Torneo Arousa Fútbol 7 xa non está na súa man, e que será a organización do evento deportivo a que decida si finalmente se celebra en Vilagarcía, coma nos últimos vinte anos, ou en Sanxenxo.
Ravella lamenta a posibilidade de que o Arousa Fútbol 7 poida abandonar Vilagarcía, aínda que sinalan que en ningún caso van a participar nunha poxa con outro concello pola permanencia da competición internacional alevín en Vilagarcía.

Segundo, Miro Serén, dende o concello aumentouse a achega económica a este evento, coma a outros que se celebran na vila. Ademais sinala que todos os recursos do concello de Vilagarcía estiveron a súa disposición.

Miro Serén lamenta que a oposición faga política de cuestións como esta, e fai unha “pregunta ao aire”.

En calquera dos casos, dende o concello afirman que “a pelota está no tellado da organización”, aínda que sería unha mágoa que abandonasen Vilagarcía, despois da traxectoria do evento deportivo na vila.