O Concello de Pontevedra modificará o proxecto do skatepark

PONTEVEDRA>  O Concello de Pontevedra modificará o proxecto do Skatepark de Pontevedra. Os populares pediron hoxe no Pleno que se adaptasen as futuras instalacións á nova normativa de competición. Unha solicitude que, tras a emenda presentada polo PSOE, foi aprobada por maioría.

Boas noticias para os skaters de Pontevedra. A corporación municipal aprobou esta mañá no pleno a modificación do proxecto do Skatepark. Unha petición trasladada polos populares co obxectivo de adaptar as futuras instalacións á nova normativa de competición.

O goberno municipal valorou positivamente a proposta dos populares. Sen embargo, o PSOE pediu que fosen os técnicos municipais os que realizasen os cambios pertinentes no proxecto.

No pleno celebrado esta mañá, os populares pediron tamén o arranxo integral do parque O Miradoiro de Monte Porreiro. Unha moción que non foi aprobada e que foi recibida así polo alcalde.

As críticas de Miguel Anxo Fernández Lores estendéronse tamén á moción do skatepark. O alcalde recordou que o goberno municipal tiña un proxecto para situar estas instalacións preto da ponte das Correntes e foi o Ministerio de Fomento o que o paralizou.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí