A Xunta adianta os cartos do ERTES aos traballadores que aínda non cobraron

GALICIA> Aqueles traballadores afectados por expedientes de regulación temporal de emprego, máis coñecidos como ERTES, que aínda non cobraran a súa prestación poderán solicitar un adianto á Xunta. O Diario Oficial de Galicia publica estes apoios, que permitirán recibir de xeito inmediato 1500 euros, cun tope mensual de 750.

Poderán beneficiarse desta nova liña as persoas que presten os seus servizos laborais en Galicia, que están incluídas en ERTE aprobados como consecuencia da crise sanitaria e que aínda non recibiron prestacións que lles corresponden por parte do goberno central. Os adiantos, segundo explicou o conselleiro, están libres de xuros e comisións.

O procedemento para solicitar estas achegas pode consultarse no espazo web da Consellería de Economía, Emprego e Industria; portal no que o departamento informa sobre os diferentes apoios económicos en relación coa actual situación de emerxencia sanitaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí