NOIA> O BNG comarcal de Muros Noia denuncia a falla de medios na unidade preventivo- asistencial de drogodependencias de Noia. Segundo os nacionalistas, este servizo carece de psicóloga dende hai cinco meses, coa consecuente perda da calidade asistencial.
Os usuarios da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Noia non contan, dende hai aproximadamente cinco meses, con servizo de psicoloxía clínica. A profesional encargada desta área está de baixa e ata o momento o concello non procedeu á cobertura da praza. Esta situación agrávase aínda máis coa recente baixa dunha traballadora social.
Posto que se trata dun servizo comarcal que conta con usuarios dos cinco concellos da bisbarra, máis o de Carnota, os nacionalistas demandan a implicación de tódolos concellos para mellorar a calidade asistencial.
Insisten na importancia da unidade non só na súa vertente asistencial senón na labor de prevención que realiza; máis tendo en contra o incremento do consumo de drogas e outras adicións entre os menores.
Pola súa banda, a deputada provincial Ánxela Franco trasladou tamén á Deputación a problemática que está a rexistrar este servizo en relación á necesidade de ddotación de medios.