BOIRO> O BNG de Boiro organizará este sábado un acto sobre a tarifa eléctrica. Diversos expertos exporán a viabilidade de contar cunha tarifa eléctrica propia en Galicia, de xeito que se poida reducir o custo da electricidade nunha das principais rexións produtoras de enerxía.
O acto que se desenvolverá o sábado ás sete da tarde no centro social de Boiro está aberto a toda a cidadanía. Intervirá o enxeñeiro Francisco Xavier Santamaría que exporá unha comparativa sobre as horas de luz nos distintos países e o custo da electricidade.
O acto contará tamén coa intervención de Manuel Requeijo, alcalde de Muras, o municipio de toda España coa tarifa eléctrica máis baixas.