O PP acusa ao alcalde do Grove de perder outra oportunidade para a desafección do Corgo

63

O GROVE> O PP do Grove denuncia que o goberno local perdeu unha nova oportunidade de converte-lo Corgo nun espazo de titularidade municipal. Os populares critican que o Concello non solicitase a desafección dos terreos a Portos de Galicia no marco dun programa da Fegamp. Dende o PP falan de inacción por parte do executivo local.

Na mesa de traballo constituída pola Fegamp e Portos de Galicia 13 concellos costeiros de Galicia presentaron as súas necesidades de desafección. Nesa lista podemos atopa-la Illa de Arousa, pero non O Grove.

Os populares mecos entenden que o Concello perdeu unha valiosa oportunidade para converter en municipais uns terreos que, a día de hoxe, pertencen a Portos.

Segundo os populares, O Grove tivo ata dúas oportunidades para presentar a súa proposta. Aseguran que a Federación Galega de Municipios e Provincias fixo dous requirimentos a tódolos municipios afectados, un en xullo e outro en setembro. Os populares falan de oportunidade perdida e de innacción por parte do goberno local.

En reiteradas ocasións, o alcalde meco responsabilizou a Portos de Galicia de bloquea-la desafección deste espazo. Os populares cualifican de ‘lamentable e vergoñento’ que José Antonio Cacabelos non asuma as súas propias responsabilidades.

E aputan que se o alcalde non se ve capaz para face-las xestións precisas para a desafección dos terreos, o mellor que pode facer é marchar.