Luciano Sobral repite como candidato do BNG en Poio

POIO> Luciano Sobral volverá encabezar a candidatura do BNG de  Poio ás eleccións municipais do 2019. O rexedor opta así á reelección ao cargo que ocupa dende o ano 1995, rodeándose cun equipo que aínda non se coñece, pero no que haberá caras coñecidas e novas incorporacións. A intención da formación é clara: recuperar a maioría absoluta coa que gobernaron entre os anos 1999 e 2003.

Luciano Sobral optará a manterse como alcalde de Poio no 2019. O veterano político volverá encabezar a lista do BNG no concello que goberna dende o ano 1995. Faino, ademais, co obxectivo de recuperar a maioría absoluta que conseguiron entre os anos 1999 e 2003.

A de Sobral foi a única candidatura que se presentou ao proceso aberto polo BNG, segundo explicou o seu responsable local, Xosé Luis Martínez.

Agora a formación traballa para compoñer o equipo que acompañará a Luciano Sobral nesta nova cita coas urnas. Unha lista na que agardan combinar experiencia e savia nova.

O proxecto de mellora de seguridade da PO-308, rematar o PXOM, conseguir solo industrial para Poio e a reforma do centro de saúde, son algunhas das tarefas pendentes que se pon o candidato nacionalista.