PORTO DO SON> Miguel Mayán concorrerá ás eleccións municipais polo PSOE de Porto do Son. Este empresario, atleta e funcionario no concello sonense inicia a súa carreira en política activa con moita ilusión. Por diante, moitos retos para mudar o rumbo da xestión municipal.
Aínda que se trata da primeira incursión de Miguel Mayán en política activa, este sonense é bo coñecedor da xestión municipal dado que traballa no concello como funcionario. Dediciu dar o salto á primeira liña política tras sentir o respaldo, non só do seu entorno familiar, senón tamén da dirección local do partido e da veciñanza.
Mayán preséntase á alcaldía co firme propósito de mudar o xeito de facer política no concello. O impulso ó turismo, o comercio e ós sectores primaria constitúen a base do seu programa.
O afán renovador deixarase notar tamén na composición da lista coa incorporación de moitas novidades que se darán a coñecer nos próximos meses. Como bo deportista, sae a gañar. E aínda que a carreira e longa agarda contar co alento da afección para facerse co bastón de mando do concello de Porto do Son.