AMICOS conmemorará o Día da Discapacidade cun festival pola integración

BOIRO> AMICOS conmemorará o vindeiro luns o Día Internacional da Discapacidade cunha festa moi especial. O primeiro festival da integración ‘Festirititi’ reunirá no centro de atención de Comoxo, en Boiro, a máis de trescentas persoas.

A partir das once da mañá AMICOS abrirá as súas portas a todos aqueles que queiran celebrar cos seus usuarios o Día Internacional da Discapacidade. Será unha xornada festiva con xogos, obradoiros, contacontos e todo tipo de actividades para os centos de asistentes que se darán cita na primeira edición do Festiriti. 

Pretende ser unha festa inclusiva polo que ademais de escolares dos centros educativos, familiares, usuarios do centro de día, están convidados tódolos cidadáns que desexen compartir esta xornada. Luís e Macarena animan a todos a participar.

O concello de Boiro participa tamén da organización do festival na súa liña de colaboración coa AMICOS na que destaca o apoio á formación e á inserción laboral.

Ademais do apoio do concello de Boiro e de Jealsa, Amicos contará nesta iniciativa co apoio de Gey Lagar, expera en parios e parques dinámicos.